12 julio, 2006

O máis terríbel - LFV

O máis terríbel non era a menina chamándome de "tío" e pedindo un diñeiriño, ela descalza no asfalto e eu no meu carro de rico. O máis terríbel non era eu escollendo a cara e a voz para dicir que non tiña diñero, desculpe, como se a vergoña tivese un protocolo que a absolvese. O máis terríbel non foi nin a naturalidade con que ela cuspiu na miña cara. O máis terríbel foi que ela era tan pequena que a cusparada non me atinxiu.
Somos boas personas, bons cidadáns e bons pais, pero somos tíos relapsos. Nosas sobriñas e nosos sobriños enchen as rúas de nosas cidades, cercan nosos carros, invaden nosas vidas e insisten que son da nosa família, e non temos nada para darlles ou dicir, alén de un pouco de diñero ou "desculpe". Na familia latinoamericana "tíos" e sobriños teñen un diálogo de ameaza e medo, rebolta e remorso, e poucas palabras. Ningún consolo posíbel, ninguña esperanza, ninguña explicación. O que dizer a unha sobriña cuxa cabeza mal chega a xanela do carro e tenta cuspir na cara do tío? Feo. Falta de educación. Papá do ceo castiga. Paciencia, miña filla, este é apenas un ciclo económico e a nosa xeración foi a escollida para esta vergoña, ti aí dese tamaño pedindo diñeiro e eu aquí sen nada para dicirche, agora afasta que abriu o semáforo. Non preguntes ao tío quen fixo a escolla, é todo moi complicado e, mesmo, ti non entederias a teoría. Vai cheirar grude, p'ra pasar. Vai morrer, para esquecer. Ou vai crecer, para matarme na próxima esquina.
A historia, din, terminou, e os mociños gañaran. Os realistas, os antiutópicos, os racionais. Ficou probado que a solidariedade é antinatural e que cada un debe coidar dos apetitos dos seus. Ou sexa: ninguén é "tío" de ninguén. A família humana é un mito, o sufrimento alleo é un estorbo e se a miseria à túa volta te incomoda, compra unha antena parabólica. Ninguén é insensible, din os mociños, pero a compasión non funciona. Todos eses anos de convivencia coa dor dos outros, que debían ternos educado para a compasión, nos educaran para a autodefensa, para cuspir primeiro. Os bons sentimentos faliran, din os mociños. Confiemos o futuro ao mercado, que non ten sentimentos, que tritura xeranzóns entre seus dedos invisibeis, para que se envolver? Afástate do carro que abriu o sinal.
Pero máis terríbel do que todo é eu ficar aquí, escollendo frases para encher papel, ata coidando o estilo, xa que é domingo. Como se fixese algunha diferenza. Como se iso fose salvarnos, o tío da súa impotencia e complicidade e a sobriña anónima do seu destino. Desculpe.

Luís Fernando Verissimo.
Traduzido para o galego(ou algo parecido...) por mim.
Visitas: